AA.VV
A lingua é máxica. As palabras lense de arriba a abaixo, de esquerda a dereitaà e ata en diagonal! A que non sabías que ti podes ser taménun mago? Coas palabras podemos xogar. Coas palabras podemos brincar.Coas palabras podemos gozar. Cal é o teu nivel? Aprendiz de Mago?,Mago?, Supermago? ABRAPALABRA! é un dos libros máis estraños (pordivertido, por curioso), de todos cantos teñas visto na vida. Porquecantos libros coñeces que se soteñan de pé? E o que ten a maxia. Quenos permite facer este tipo de cousas. Para escribir ABRAPALABRA!xuntáronse dous magos ben interesantes, cada un deles especialistasnun tipo de ilusionismo diferente. Por unha banda, Antón Cortizas,mago máis que recoñecido na arte de xuntar letras pero non á maneirahabitual. Este mago é quen de escribir do dereito e do revés, e da súa pluma máxica saen poemas só cunha letra, con formas singulares, oucon outras palabras dentro que vas ter que descobrir. O outro mago éCarlos Coira, un dos de chisteira e variña. Afeito dende hai moitosanos a sacar coellos de onde non se espera e en facer desaparecercalquera obxecto grande ou pequeno. El vaiche ir guiando para queaprendas a ser de cada vez mellor mago. Dende o nivel de "aprendiz"ata "supermago" hai un treito que o libro che axudará a cruzar. Osdous magos xuntáronse para, entre os dous, e co traballo deilustración dese outro mago, dos pinceis, das formas e das cores que é Jacobo Fernández Serrano, elaborar este libro que che vai permitirgozar da maxia das palabras galegas pero, tamén, aprender maxia dunxeito divertido e sobre todo, moi moi moi doado.Ollo con este libro, vaia mago que vas dar!