LASA LORENZO, RAFAEL / LASO LORENZO, RAFAEL
Unha muller, un pintor, un crego, un home emigrado, un médico. Xente con cadansúa historia e dúas cousas en común: a procura da sorte e o destino da morte. E un escritor xunguido a elas pola historia dunha casa e dun caderno que agocha un segredo baixo as súas tapas manchadas desangue. A súa é unha loita desesperada por comprender o que non se pode, unha carreira sen descanso para escapar dun destino inexorable, unmedo intenso ao descoñecido: a ser ou non ser nunha vida que non é.