A vida nova de Madame Bovary conta a historia de Hermelinda que,enganada polo seu marido, abandona a vida familiar pretérita para serefuxiar nunha peculiar casa de hóspedes chamada O Gatopardo. Lugar de encontro de perdedores, ilusos e namorados, de alí vai abrollar ointenso aluvión de historias que asolaga a novela. Un festínesperpéntico, unha obra narrativa que desmitifica o fracaso ao tempoque ergue un poderoso mundo ficcional, cheo de paixón literaria, pulovital, humor e sensibilidade.A literatura como realidade que xorde da mesma literatura é a certezada que parte a nova novela de Xosé Carlos Caneiro.