A VELOCIDADE DO FRÍO

A VELOCIDADE DO FRÍO

PREMIO XERAIS DE NOVELA 1996

$32.756
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Contemporanea
ISBN:
978-84-8302-068-5
Páginas:
296
Encuadernación:
Bolsillo
Idioma:
GALEGO
Peso:
380
Dimensiones:
210x130
$32.756
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que podetanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximacióncomo doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se vanfacendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dosprotagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a donarrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela-resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior,autente, visceral e, dende logo, nada frío.Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historiasingular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesosnas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións ereflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estiloprevisible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directosen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente dolector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas árecreación personalizada.En A velocidade do frío hai moito instintocriminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os sereshumanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos quenon sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal-son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotadosdunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo devida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta einsolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ásaparencias e na falta total de sentimentos.

Otros libros del autor

  • Titulo del libro
    INTERFERENCIAS
    SEIXAS, MANUEL
    Sujeto Disponibilidad de Proveedor

    $35.523

  • Titulo del libro
    BAILARINA
    SEIXAS, MANUEL
    Sujeto Disponibilidad de Proveedor

    $35.523

  • Titulo del libro
    TREVO. TRILOXIA DO OUTONO
    SEIXAS, MANUEL
    Sujeto Disponibilidad de Proveedor

    $31.953