Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunhahistoria inexistente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos,unha nena de ollos tristes e pasado cruel que foxe do vento, unhareputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun velloinconsciente no deserto do hospital ou unha oficinista presa dos seuspropios rituais e dun amor imposible? A resposta está nos relatosdeste libro. A soidade das medusas, cheo de personaxes que transitanpor un océano de encrucilladas onde, como dixo a filósofa MaríaZambrano, ´todo ten dereito a ser, incluso o que non puido existirendexamais´.