A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxedurante unha parte do século XX, desde a Galiciada que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da GuerraCivil, ata a aldea de orixe na quevolveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súaprofesión, curandeira, a pesar da incomprensiónque a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non queríansaber.Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer arelación daquelas persoas coa xente e coas autoridadescivís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas edos cogomelos, tanto con fins curativoscomo máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.