A novela da viaxe histórica que o bispo Diego Xelmírez realizou a Roma no ano 1104. A romaría de Xelmírez pertence á serie de novelashistóricas que Otero publicou entre 1930 e 1935. O bispo Xelmírezviaxa a Roma en 1104. Ao longo do camiño, Otero desprega as súasgrandes dotes de historiador e xeógrafo para ofrecernos unhaintelixente e fermosa panorámica da cultura, a política e a relixiónda Europa de entón. Internarse nas páxinas desta novela acaba sendo un reto que ha deixar o lector gustosamente rendido ante a xenialidadedunha das mellores obras da literatura galega do século XX. A primeira edición apareceu en 1934 en Santiago de Compostela, publicada polaEditorial Nós. A presente inclúe unha extensa introdución, untratamento coidado do texto e abundantes notas co fin de facilitarlleao lector o acceso ao fermoso mundo oteriano.