Cando os lobos se apoderaron do país dos coellos, o primeiro que fixoo xefe da manda foi proclamarse rei. O segundo foi anunciar que oscoellos xa non existían. Quedaba terminantemente prohibido mencionar o seu nome polos séculos dos séculos. Sen embargo, os paxaros desde aaltura seguían a ver coellos. O lobo, para que todo o reino soubese do seu poder, decidiu encargar a un mono fotógrafo as fotos das súasfazañas e obrigar aos paxaros a repartilas por cada casa. E senembargo, os simpáticos coellos seguíanse a ver... A rebelión doscoellos máxicos é unha fábula mediante a que Ariel Dorfman representao absurdo en que cae o poder despótico e un canto a favor da esperanza e da liberdade. A manipulación da información, a propaganda, aliberdade de expresión son algúns dos temas deste libro para oslectores de nove anos en diante, ilustrado pola alemana Anke Faust.