A rata é unha novela dura e fascinante na que unha rata nos conta asúa vida cun estilo seco e conciso, sen adornos, intenso e agresivocomo a historia mesma. Asistimos ó seu nacemento, ó seu proceso deaprendizaxe, ós primeiros contactos co seu maior inimigo, o home, ássúas loitas pola supervivencia, á súa destreza na arte de matar: asupervivencia é unha loita continua na que ou matas ou morres. E a súa vida convértese así nun continuo fuxir da morte a través da morte.Percorremos con ela rúas e sumidoiros, de cidade en cidade, semprependentes dos múltiples perigos que asexan en cada esquina: cans,gatos, curuxas, trampas e velenos, outras ratas e, sobre todo, o home, o perigo maior. Pero a medida que a rata vai coñecendo mellor ó home, vaise dando de conta de que é máis débil do que parece, de que non étan distinto dela como supoñía: os homes tamén poden ser sucios ecrueis como unha rata, tamén matan para comer, mesmo poden chegar amatarse entre eles. E nós, lectores, ímonos dando conta tamén do duroparalelismo que se pode establecer entre o mundo das ratas, tanrepugnante e distante, e o noso. Porque a novela non é máis ca unhaenorme parábola anunciada xa no prólogo: ", Non esquezas, queridolector, que cando describo a vida das ratas dun xeito tan natural edetallado, estou a pensar en ti ", .