DOMINGUEZ, XABIER / DE EVAN, ALVA
A Terra atópase en fase terminal debido ao cambio climático emergullada nunha crise enerxética sen precedentes.A súa última oportunidade é atopar un mineral, unha fonte de enerxíainesgotable lexendaria. Pero a súa localización é un misterioque fixo que os máis valentes navegantes do Ministerio de AsuntosExtraterrícolas fracasasen para conseguilo.A tripulación da PULGA ESPACIAL, unha nave espacial moi peculiar,formada por dous nenos, un can, e un alien, reciben unha chamadaespecial do Goberno Planetario para iniciar a misión máis arriscadadas súas vidas: conseguir o mineral que salvará á Terra.