Que papel xogou a prensa galega durante a Transición política? Foi por diante ou por detrás da sociedade? Que posición adoptou ante areivindicación dunha autonomía de primeiro nivel para Galicia? ATransición configúrase como o momento fundacional do sistemademocrático vixente, da actual organización política e da estruturasocioeconómica, tamén da estrutura de medios. Todos eles postos encuestión recentemente nunha crise ligada ao esgotamento desa estrutura fundacional.
Os xornais son a testemuña do seu tempo e, á vez, unha ferramentafundamental para darlle forma. Ao longo da Transición, a prensa serviu de escenario para a loita entre varios proxectos de sociedade e, enmaior ou menor grao, foi escaparate das ansias de cambio. A isocontribuíu a chegada ás redaccións dunha nova xeración de xornalistasque, grazas a unha liberdade da que hoxe carecerían na maior parte das empresas, sinalaron un camiño para a democratización do país e taménpara as demandas de autogoberno.
En A prensa en Galicia na Transición, Marcos Pérez Pena realiza unminucioso percorrido polos principais acontecementos sociopolíticos da época para recoñecer o papel determinante dos xornais no seudesenvolvemento. Moitas cousas mudaron despois, a partir de 1980, unha vez consolidado o proceso de Transición e fixados os límites doconsenso. Tamén nos medios, onde os xornalistas viron moi limitada asúa autonomía.