A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáverdun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila dePanxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunhabrida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro queencontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñasnin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldasmergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que,cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seupai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programaradiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable.Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de RafaelEstévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca eos sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir olector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nestasegunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unhaesculca na memoria e nas ilusións fanadas.Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplaresvendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unhaapaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo daGalicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana eas tabernas da cidade de Vigo.