Dous libros de contos: Os ruíns, narracións que datan do ano 1935,case no punto do estoupido da Guerra Civil, e A pega rabilonga eoutras historias de tesouros, que viu a luz en 1971 en EdiciónsCastrelos. Estas narracións comparten, malia os anos que as separan,riqueza descritiva, viveza nos diálogos, humor sutil e unha querenzado autor polos personaxes humildes e perdedores fronte á críticaaberta aos insensibles e aos poderosos.Publícase neste volume toda a narrativa breve escrita en galego porXosé María Alvarez Blázquez.