A OLLADA DO DESEXO. OBRA FOTOGRÁFICA 1933-1973

A OLLADA DO DESEXO. OBRA FOTOGRÁFICA 1933-1973

$54.176
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(049) GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8288-735-7
Páginas:
204
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
210x240
$54.176
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor exornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensaactividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas asviaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta aGalicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica comoretratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti,persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en BuenosAires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seutempo. O obxectivo do libro é difundir unha obra fotográfica deindubidable calidade estética, creativa e variada, atenta á paisaxe, á xente, aos efectos da luz e á composición da imaxe. A mirada deEduardo Blanco Amor é unha mirada que expresa o desexo de apreixar omundo, de contemplalo dende a propia experiencia. As fotografías quese recollen neste libro son a mostra dunha actividade á que se dedicou non dun xeito circunstancial senón cunha intención claramenteestética e documental e como a expresión da súa necesidade de apreixar o mundo no que viviu, de integralo na súa vida e de tentar explicalodesde a súa propia concepción da realidade. Unha obra eminentementeartística, resultado do interese do propio autor polas tendenciasfotográficas da época e da historia da fotografía que nela se venreflectidas: expresionismo, pictorialismo ou reportaxe.

Otros libros del autor