Esta historia lévanos dende Reikiavik, onde dous galegos coinciden aotrocaren moeda nun banco, á cantina solitaria dunha estación daGalicia interior, na que se reúnen tres amigos para illarse damediocridade e tentar fuxir dunha vida monótona e predecible. Lor, oprotagonista da novela, é un galego que sendo mozo abandona a vilanatal para dedicarse a percorrer o mundo. A noite da aurora cóntanosas razóns que o obrigan a escoller unha vida errática, de aventureiro, no canto de aceptar unha existencia doada e sen riscos. A potenciaevocadora da prosa de Camilo Gonsar, o seu domino do diálogo e aperspicacia das súas intuicións compleméntanse cun marabilloso retrato dos personaxes no marco da capital de Islandia, cidade que sedescribe cunha sinxeleza plástica abraiante. Novela sobre odesarraigo, esta é a historia dunha amizade, dun amor apenas iniciadoe dunha decisión: abandonar a propia patria. Reflexión xenial sobre odestino, esta obra é unha mostra excepcional de sabedoría narradora.