AA.VV
A monografía «A morte e as súas representacións na LIX ibérica eiberoamericana», nova publicación da Rede Temática de Investigación«Las Literaturas Infantil y Juveniles del Marco Ibérico eIberoamericano» (LIJMI), nace co propósito de ofrecerlles un apoioteórico no seu labor de mediación a docentes, profesionais dasbibliotecas, familias, animadores culturais etc. Os diferentes estudos que acolle analizan como se trata o tema da morte nas literaturasinfantís e xuvenís dos diferentes ámbitos (castelán, catalán, galego,portugués, vasco, brasileiro, chileno e mexicano). Así mesmo, olectorado interesado atopará nestas páxinas unha completa selección de títulos pertencentes a diferentes xéneros e modalidades editoriaisnos que se aborda a morte desde diferentes perspectivas, vinte e oitodos cales son obxecto dun comentario pormenorizado. Un conxunto deaproximacións á morte (natural, violenta, accidental...) que axudan adesterrar esta temática do terreo do tabú.