Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor pordestacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Osrelatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch.Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantilrelacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e ohome lobo.A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, congran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmenteexerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos.Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásicaenciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro encuestión.Os dez títulos, que se presentan individualmente, tamén aparecenreunidos nun curioso baúl contedor de cartón ilustrado a toda cor.A noticia do posible pechamento do museo levantou un bo rebumbio entre os seus ocupantes. Tras escapar co león disecado, a momia decidiuvolver a Exipto. Pero, alguén lle poderá indicar por onde ir?