A MODELO DE PACO ASOREI

A MODELO DE PACO ASOREI

$33.559
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Contemporanea
ISBN:
978-84-8302-834-6
Páginas:
256
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
269
Dimensiones:
190x130
$33.559
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Publicada por vez primeira no ano 1933 pola editorial Nós de AnxelCasal, A modelo de Paco Asorei é unha peza romántica e sentimental,ambientada na Compostela de inicios do século XX, que relata unhaapaixonada historia amorosa entre o xove estudiante Diego de Longarela e a poeta ourensá Lucinda de Gundisal. Con anterioridade, fragmentosda parte inicial do libro foran aparecendo por entregas no semanarioEl País Gallego, que o seu autor, Xoán Xesús González, fundara en1927.A acción da novela céntrase na idílica relación sentimental quemanteñen os dous mozos ao longo de dous intensos meses que ela pasa en Compostela. Chegan mesmo a facer un xuramento de mutua fidelidade aoxeito peculiar da literatura romántica, neste caso coa Virxe daCorticela como testemuña. Precisamente no ambiente compostelánprodúcese o feito que dá título á novela: a decisión de que o escultor Paco Asorei faga un busto da moza. Elemento que en principio puideraparecer anecdótico pero que para o autor terá un profundo sentidosimbólico no relato. Desde o momento en que o escultor comeza a obranace no protagonista unha nova visión da súa amada, que se llepresenta como máis sensual, mesmo erótica. A obra escultórica nuncachegaría a estar completamente rematada debido a múltiplesinterrupcións provocadas por unha especie de ciñumes que aprotagonista chega a sentir pola súa propia imaxe en xeso, e que lleprovocarán constantes indisposicións. A ruptura do pacto amoroso porparte da moza, que acaba accedendo, ante as presións familiares, acasar cun adiñeirado mozo ao que non ama, provoca que Diego seabstraia da realidade e renuncie por completo ao amor por ningunhamuller.A presente edición de A modelo de Paco Asorei, preparada porMarcos Seixo Pastor, pretende reactivar a figura intelectual de XoánXesús González, ademais de poñer a disposición do grande público a que pode considerarse a primeira novela erótica da literatura galega.