Este é o relato dos cinco anos que a miña familia e mais eu pasamos na illa grega de Corfú. Nun principio estaba previsto que fose unhadescrición lixeiramente nostálxica da historia natural da illa, perocometín o grave erro de presentar a miña familia nas primeiras páxinas do libro. Unha vez plasmados sobre o papel, procederon a poñersecómodos e mesmo invitaron uns amigos a compartir os capítulos. Conenorme dificultade e amosando unha astucia considerable, apañeime para reservar aquí e alí algunha páxina que poder dedicarllesexclusivamente ós animais. (...) Todas as anécdotas sobre a illa e osseus habitantes son absolutamente verídicas. Vivir en Corfú era comavivir nunha das óperas cómicas máis extravagantes e disparatadas."