A MEMORIA DE VILAGARCÍA

A MEMORIA DE VILAGARCÍA

$19.024
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Artes
ISBN:
978-84-9782-007-3
Páginas:
120
Encuadernación:
Otros
Idioma:
GALEGO
Peso:
690
Dimensiones:
265x215
$19.024
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máisdun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas noperíodo de 1900 e 1936 , ademais de fotografías, mapas e marcasfilatélicas, sobre a cidade de Vilagarcía. A partir de 1900 e ata aostempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñasgráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daquelestempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha amplarecompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vidaurbana, principalmente nas categorías da vida comercial (mercados etransportes e pesca pola ría) e do vigoroso turismo do momentocentrado no Balneario e nas praias.O presente volume demostra que a Vilagarcía daqueles tempos tiña unlugar preponderante nas grandes series de postais editadas en Madridou Barcelona, o gran esforzo de producción que neste eido fixeronfotógrafos e editores locais, así como tamén a importancia da cidadeque se reflectía nas postais editadas por empresas de París, Irún ouBerlín. A orixe de todas estas pezas amosa a importancia do porto deVilagarcía a principios do século XX, tanto para os barcos de pasaxe(inicio do turismo de "cruceiro") ou de emigrantes, así como acalidade de "porto refuxio" da ría de Arousa para as flotas de guerra(en particular da armada Inglesa).Iníciase o volume coa reproducción do "Plano da Ría de Arousa",realizado por Domingo Fontán en 1828, e coa reproducción dun gravadodo palacio de Vista Alegre de 1879. Continúa cun texto literario,"Vilagarcía, eterna lembranza", onde o escritor vilagarcián ManuelSeixas, evoca a súa Vilagarcía antiga e sempre eterna na memoria, para dar paso ao discurso gráfico. Dende as primeiras vistas xerais dendea ría ou dende Vista Alegre, o libro propón unha visita polaVilagarcía tradicional: a casa do Concello e os xardíns de Ravella, aAlameda, a Porta do Sol...son espacios que se recuperan para a memoria no presente volume.