AGRA PARDIÑAS, MARIA JESUS / ROIG RECHOU / B. (COORD). / AGRA PARDIÑAS, MARÍA XESÚS / ROIG RECHOU, BLANCA ANA
A literatura xoga un papel fundamental na interpretación das vivencias experimentadas durante a nenez e a mocidade. Esta é a razón pola queneste traballo, coordinado polas profesoras da Universidade deSantiago María Jesús Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou epromovido por GALIX, recóllese unha antoloxía de trinta e oito obrasda literatura infantil e xuvenil editada en galego que refliten, dende diferentes puntos de vista, as traumáticas consecuencias das guerrase dos conflitos bélicos e as súas repercusións para a humanidade.O corpus seleccionado nesta antoloxía, ten, pois, como elo unificadora lingua galega, aínda que o orixinal fose escrito noutras linguas,organizándose a súa significatividade arredor de cinco eidostemáticos: "campos de concentración e refuxiados", "consecuenciasdirectas ou indirectas das guerras e posguerras sobre a infancia e amocidade", "episodios bélicos do pasado descubertos por adolescentes", "actuación da infancia e da adolescencia nos conflitos bélicos" e "os conflitos bélicos e posbélicos como pano de fondo".A presente antoloxía, dirixida a un lectorado entre os dez anos e afronteira entre a mocidade e a madureza, ten toda ela carácternarrativo, incluíndo textos dos seguintes autores galegos: FranAlonso, Roque Cameselle, Raquel Campos Pico, Margot Chamorro,Francisco Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel María,Antonio García Teijeiro, Andrés García Vilariño, Xosé Ramón GonzálezAlvarez, Siro López, Xavier López Rodríguez, Xavier Lorenzo, ManuelLourenzo González, Xosé Manuel Martínez Oca, Marina Mayoral, XoséNeira Vilas, Milagros Oya e Xosé A. Ventoso Mariño.Os estudos preliminares e a escolla e edición dos textos antologadosforon realizados por Eulalia Agrelo Costas, Isabel Mociño González,Marta Neira Rodríguez, Amaro Raviña Rosende, Isabel Soto López e asdúas coordinadoras da obra, María Jesús Agra Pardiñas e Blanca AnaRoig Rechou.