Esta obra procura abordar a existencia no seu devir histórico dairrelixiosidade, como fenómeno consistente na ausencia de relixión e a súa innecesariedade ou irrelevancia para arrostrar os avatares davida humana.
O obxecto analizado en canto mero opúsculo contrastacoa profusa dedicación dos estudosos en xeral á historia das relixións de toda índole cun ámbito realmente amplísimo de atención, xa que seabarca non só as do orbe occidental, máis tradicionais ou notorias,como as denominadas do Libro por estaren sustentadas en textoscualificados polos seus turiferarios de sagrados, casos da hebrea, acristiá e a musulmá, senón tamén infinidade de relixións do ámbitooriental, de amplísimo seguimento e con maior ou menor ensulla,fondura e atractivo: budismo, taoísmo, hinduísmo e outras moitas decita imposible, por innúmeras.
Esta profusa análise históricaoperada sobre o conxunto das relixións, con especial atención á quemáis nos atinxe -polas súas implicacións e dependencia-, a cristiácatólica, non está exenta de parcialidade e dunha falta manifesta deespírito crítico -agás escasísimas excepcións-, malia que iso, enrealidade, resulte alleo ao noso cometido, que apunta precisamente adetectar a presenza histórica da irrelixiosidade como actitudecontraria á das relixións estudadas.