ZARRILLI, PHILLIP B. / B. ZARILLI, PHILLIP
Elaborado por destacados especialistas dedicados á docencia e áinvestigación ou que se ocupan directamente da creación escénica, cada un dos textos presenta enfoques posibles tanto para o traballo doactor e da actriz como para a necesaria reflexión sobre esa praxe,mostrando múltiples vieiros cheos de posibilidades. Nas súas páxinasagroman teorías e propostas dos grandes mestres da interpretación,pero tamén achegas máis recentes, o que permite ofrecer unha sorte deestado da cuestión no inicio deste novo milenio. Phillip B. Zarrilli,coordinador e editor do volume, é un destacado actor e director deescena especialmente preocupado en tender pontes entre a escenaoccidental e as tradicións orientais. Como investigador é autor denumerosos ensaios e imparte docencia na Universidade de Exeter.Este volume colectivo ofrece unha ampla panorámica sobre as máisrecentes teorías da interpretación.