MAIZ, RAMON / MÁIZ SUÁREZ, RAMÓN
Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política na Universidade deSantiago, elabora en A idea de nación en Castelao un modelo para aanálise dos aspectos políticos e ideolóxicos do nacionalismo enCastelao, facendo unha aquelada interpretación do seu pensamento através dunha lectura crítica de Sempre en Galiza. Máiz afonda nopensamento político de Castelao a partir da súa primeira cerna: oconcepto de Galicia como nación que vertebra o seu enteiro discurso en canto se postula como indeclinablemente nacionalista.Nesta brevemonografía téntase dar conta dos elementos fundamentais cos queCastelao constrúe o concepto de nación, o "núcleo duro" dacualificación nacionalitaria, de ordenar o peso interno relativo decada un dos seus elementos e da súa articulación como momentos dunhaformación discursiva nacionalista, a articulación do núcleo durodiscursivo con elementos racionais de exclusión e identificación quecontribúen dialecticamente e de xeito decisivo á fixación do conceptofinal de nación, e, finalmente, a articulación do anteiro na ordepolítica: institucional (modelo de estado) e político estratéxico(pobo-nación, apoios, etc.).A idea de nación en Castelao constitúeunha das máis sólidas reflexións e investigacións sobre o pensamentopolítico de Castelao, ó tempo que contribúe ó proceso de permanenteedificación e reconstrucción interpretativa de Sempre en Galiza,libro-símbolo do proxecto político nacionalista galego.