Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrartantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellasamizades e, sobre todo, a Jonathan.Xandra ben coñece eses enigmas: forma parte deles, tan ao seu pesar.Esa ancestral maldición dos Corredores da que nin ela nin a súafamilia conseguen fuxir e que tanto lle complica a vida.A herdanza do marqués é a historia da súa amizade, das sombrasameazantes que espreitan, da vella historia da casa Ervedelo e daaínda máis antiga dos Negro e o Marqués de Vilacardoso, da calorabafante, das lendas sinistras e das ofertas temibles. Coidas queserás capaz de pasar as súas páxinas sen ter arrepíos?Escrita en primeira persoa por cada unha das protagonistas destaintrigante historia, mostra dous vehículos distintos e, á parcomplementarios, de narrar: o tradicional, en que Xandra nos faipartícipe das súas preocupacións e vivencias directamente, e o propiodas charlas pola Internet, en que Zoila non se dirixe directamente aolector, senón aos seus amigos da cidade. Pode verse, tamén, como unxogo de irmandade entre o rural e o urbano, entre a modernidade e atradición, entre o pasado e o presente, posto ao servizo da resolución dun enigma que condiciona os dous mundos.