«A guerra era contra nós» é unha visión metafórica, poética e míticada humanidade que se constrúe como un compendio de premonicións,relatos e lendas que explique o porqué, o como, o para que do pasado,presente e futuro da nosa condición humana. Por que a humanidade aínda non vive libre e feliz despois de milenios de historia? Queacontecería se a única linguaxe posible fose a poesía e a únicaferramenta válida para narrar a metáfora? Os poemas de Carlos Da Airafalan de nós, da colectividade, da humanidade, convertendo a palabranunha arma de conciencia, fuxindo do eu, do egocentrismo, e apostandopolo amor como forma primeira de loita, rebeldía e violencia.