A través da biografía de Xesús Canabal Fuentes (Amenal,1897-Montevideo, 1985), Manuel Losa relata tamén a historia dacomunidade galega de Montevideo. A vida de Canabal, que emigrou en1910 a América, estivo marcada pola súa actividade como empresario daindustria do papel e pola súa estreita relación coas sociedades deemigrantes galegos no Uruguai. Alí presidiu a Casa de Galicia, aIrmandade Galeguista e o Patronato da Cultura Galega. En 1956, foielixido por unanimidade presidente do I Congreso da Emigración Galegaconvocado polo Consello de Galiza.Unha biografía de Xesús Canabal. 1897-1985