Escrita en 1896, A gaivota é a primeira das obras de Chékhov que sonxeralmente consideradas obras mestras do dramaturgo e escritor ruso.Céntrase nos conflitos románticos e artísticos de catro personaxes: ainxenua Nina, a anteriormente gloriosa actriz Irina Arkádina, odramaturgo experimental Konstantín Trepliov, fillo de Irina, e ofamoso escritor Trigorin. Pola súa banda, a acción de O tío Vania tenlugar na herdade de Serebriakov, á que acababan de chegar para residir nela o profesor retirado Serebriakov e a fermosa Elena, a súa segunda esposa. Antes diso, na herdade non existía outra cousa que o traballo arduo de Sonia e o tío Vania, en compañía da nai deste e de Teleguin. Todo ese traballo tiña como fin que Serebriakov puidese obter unharenda decente. A dramática de Antón Chékhov hai que situala nunmomento de transcendentais cambios, que en Rusia supoñen o tránsito da sociedade rural a unha sociedade urbana na que se deixa sentir o pulo do capitalismo e dos procesos de industrialización. Os seuspersonaxes habitan mundos que se derruban e, como consecuencia, sofren penosos conflitos internos cando a realidade que habitan vaiderruíndo as expectativas que configuran o seu mundo interior.Dúasobras fundamentais do dramaturgo ruso Antón Chékhov