A GAITA GALLEGA

A GAITA GALLEGA

$41.681
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Poesia
ISBN:
978-84-8302-927-5
Páginas:
440
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
454
Dimensiones:
190x130
$41.681
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para irdeprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis é o primeiro libro en galego -aínda que contén textos en castelán-publicado por un autor da xeración dos Precursores. A gaita gallegafoi editada por entregas ao longo do ano 1853 pola imprenta de D. José y D. Primitivo Vilas de Pontevedra e constitúe o libro fundacional do Rexurdimento e mesmo a obra programática deste movemento.Estructurada en sete foliadas de extensión desigual, a parte principal da obra está constituída polo diálogo entre dous personaxes, otamborileiro Pedro Luces, un mozo de orixe castelá, e o gaiteiro quevive no Burgo pequeno, barrio da cidade de Pontevedra. Por medio deste diálogo, Pintos amosa, entre outros aspectos, unha descrición fiableda situación económica e social de Galicia, en especial de Pontevedrae do contexto sociolingüístico do idioma, a carón dun conxunto deexhortacións dirixidas á propia sociedade co obxectivo de modificala.O tema central da obra e o seu obxectivo primeiro é a defensa deGalicia e, como consecuencia, a reivindicación e a defensa dos seuscostumes, dos seus lugares, das súas xentes e, por suposto, da súalingua. A crítica aos comportamentos que provocan o estancamento dopaís, a presentación de alternativas viables para mellorar a situación ou a simple presentación de argumentos para apoiar esas reprensiónspúblicas son os mecanismos dos que se vale o autor para a consecuciónda súa finalidade. Pintos artella esta defensa sobre varios eixostemáticos: a descrición e enxalzamento da lingua galega, a análise dasituación económica, sobre todo dos labregos, que se presenta comocatastrófica, a vida dos emigrantes, presentada como a propia dunsescravos modernos cos que se comercia, o mal funcionamento dosdistintos órganos da Administración, exemplificado fundamentalmente na administración da xustiza.