É esta unha crónica dun tempo longo, a través das historias familiares e das xentes coas que convive o autor. O relato trascende daxeografía local ou persoal para adentrarse, mediante as personaxes eos imaxinarios reflectidos, nun universo co que calquera lector podesentirse identificado.
O relator fala do vivido por el, antecesores e contemporáneos a través de diferentes etapas históricas, utilizando recordos propios, fontesorais e fontes documentais acumuladas ao longo do tempo. Esta crónicado cotiá destaca polo protagonismo das personaxes, os feitos achéganse ao lector a través deles, pois son esas persoas sinxelas ouimportantes, as vidas dos outros, as flores da figueira, como asdefine o autor, as que fixeron posible o que se narra. É un relato noque se pretende transmitir que son as persoas as que, coas súasaccións e decisións, protagonizan o acontecer social, cultural epolítico das comunidades ate convertirse en cidadáns conscientes doseu futuro e a realidade que os rodea.