Tras o éxito de Pucho, o habitador dos tellados, o seu primeiro librode narrativa, o deseñador Manuel Janeiro volve á procura dos lectorescon A fada das lapas, á vez unha narración transparente e misteriosana que o autor, sen abandonar a súa preocupación pola linguaxe, mesmopola linguaxe poética, traza a historia dun ser sobrenatural, das súas relacións cun ser humano e do fillo froito dese emparellamento. Entoda a obra latexa un impulso tráxico e mítico, por veces sagrado.Esta nova achega de Janeiro é deses libros difíciles de deixar de lerunha vez comezados. O lector queda atrapado na vitalidade da historiaata advertir que non está inmerso nunha aventura de resonanciasmedievais e mitolóxicas, senón nunha metáfora do noso tempo que falada seducción, do amor, da ruptura da parella e da esnaquizadora perdados fillos.Nunha edición singular, con ilustracións de Zita Delaco, EditorialGalaxia publica esta narración transparente e misteriosa que é asemade unha metáfora do noso tempo ao falar da seducción, do amor, daruptura da parella e da perda dos fillos.