O autor de As rulas de Bakunin, coa que obtivera un impresionanteéxito entre os lectores, cóntanos agora a cativadora historia dunhafamilia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das mulleres que, máis que vivila, tiveron que padecela. Velaquí unha novela de lectura apaixonante, na que a prosa coidada, rítmica eengaioladora de Riveiro Coello acada ese punto álxido que apreixa eemociona o lector. Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, Aesfinxe de amaranto vai descubrindo pouco a pouco ante o lector ossegredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración,conforman a historia dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosaraia seca. A novela preséntanos un extraordinario abano de personaxescreados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica dofundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos dexeración en xeración, a Verónica, última representante dunha saga demulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir senrenegar da súa propia personalidade. A través deses personaxes imosparticipar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a partir do cal imos ir descubrindo a verdadeira historia. Inesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, A esfinxe de amarantoafonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosacoidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector oalento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadorada memoria.