MARILO CANDEDO GUNTURIZ (COORD.)
Asistimos, aínda con incredulidade, a un proceso de desmantelamento do servizo público de educación a través dunha acción política quecombina a aplicación de medidas de restrición económica con propostasnormativas de carácter contrarreformista. Aqueles \"axustes\"aparentemente coxunturais revélanse omo elementos primarios dunhamudanza estrutural no ámbito da educación, que pon en perigo osdereitos e as aspiracións da cidadanía nun horizonte de maior xustizasocial.
Cómpre, xa que logo, poñerse mans á obra e saír ao pasocon datos e argumentos que cuestionen as accións e o discursodominante, mesmo coa intencionalidade de promovermos unha aposta nonsó defensiva, ao pairo do que vén -ou da que está caendo- senón copropósito de formularmos elementos diverxentes e alternativos, nunhaliña propositiva e aberta ao debate educativo e social.
Nabalbordo das reaccións que as políticas neocon suscitan na cidadanía e inmersos na caótica tramitación dunha nova reforma educativa daenvergadura da LOMCE, á que previsiblemente seguirán anunciadasmudanzas no ámbito universitario e no conxunto do sistema, asdistintas achegas que conforman este libro pretenden poñer o foconaqueles elementos que constitúen agora mesmo o albo da accióncontrarreformista.
Trátase dunha obra colectiva que pretendeaxudar a manter activo o debate e a mobilización cidadá a prol daconquista democrática que representa a educación pública.