A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HE

A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HE

$34.541
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
ISBN:
978-84-8487-581-9
Idioma:
Castellano
$34.541
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A cuestión política na persoa e no pensamento
de MartinHeidegger
Autor: Xesús Vázquez Méndez
Se un escoita a testemuñade moitos dos estudosos que tiveron algún contacto con Heidegger, quepresenciaron as súas leccións universitarias ou asistiron ás súasconferencias ou seminarios, é fácil quedarse coa impresión de queestiveron en presenza dun auténtico oráculo filosófico. Mais, obrillante futuro que parecía abrírselle a esta filosofía, rapidamentese escureceu ao caer sobre ela a sombra do nazismo. Pero é sobre tododespois da publicación dos Cadernos negros que, como sinala o seueditor Peter Trawny, o nome de Heidegger vai inevitablemente unido aun caso de disputa para todo o que queira adentrarse no seupensamento. Parece, entón, que unha visión integral da súa filosofíanon pode eludir esta cuestión, por moito que exista un inxente númerode intérpretes que consideran o nexo pensamento-política en Heideggerinfundado ou baseado en malentendidos.

Neste ensaio abórdaseesta polémica co obxectivo de proporcionarlle unha resposta ou, candomenos, aportar sobre ela unha perspectiva filosófica que afecta aocorazón mesmo do pensamento heideggeriano. Basicamente, despois dunhabreve referencia a certos feitos históricos, o traballo divídese entres partes: coméntanse algúns textos heideggerianos ineludibles decontido político, preséntase o debate filosófico sobre o asuntoHeidegger desde a selección duns poucos autores significativos e, porúltimo, o autor ofrece unha visión da conexión entre filosofía epolítica en Heidegger que explicaría o seu compromiso ideolóxico conacionalsocialismo.