A cor do ceo (un libro e un CD audio) Braxe ofrece unha das creaciónsmáis insólitas do panorama literario galego.Un libro de relatos, deaventuras cuspidas por unha melancolía activa e vitalista. Relatos que son unha travesía polas calores do Trópico, polo mar onde seencontran as almas, pola sinfonía dun novo mundo, para rematar en"Galicia, mon amour". No CD recóllese a dramatización dalgúns dosrelatos, a cargo dun longo plantel de actores galegos. Os textos deBraxe nas voces de Tuto Vázquez, Rosa Alvarez, Miguel Pernas, AntonioF. Simón, Xavier Estévez, Flor Maceiras, Laura Sarasola, Gonzalo M.Uriarte, María Bouzas, Manuel Rivas, Víctor Lorenzo e Nazah e SanailaBraxe.Para Manuel Rivas, autor do prólogo do libro "Isto éliteratura! Da boa. E vida. Ou sexa, a vida que merece, que transcende a vidiña. O que ofrece Lino Braxe en A cor do ceo é unha creacióninsólita no panorama literario galego. Este é o libro dun corsario. Ocaderno de bitácora dun escritor súbdito de nada e mais de ninguén.Comprometido, iso si, cos alalás dos solitarios, cos aturuxos do poboque elixiu o lugar dun exilio antes que o deslugar da rendición.Estes relatos emocionan, conmoven, e, sobre todo, animan. Fan soltaras amarras que nos teñen suxeitos ao norai enferruxado da rutina, doconformismo e do peirao das trapalladas prescindibles.Unha crenza antiga fala de que as nosas almas, cando ceibes, toman aforma de dorna e navegan cara ao oeste no luscofusco da vida. Así sonos relatos de Lino Braxe. Brincadeiras naves de linguaxe, luz einesquecibles pezas dun tesouro fisterrán que emergulle xusto no seumomento."