Entanto o tradicional entroido galego está en decadencia a favor duncarnaval unificado que nos transporta a celebracións afastadas da nosa cultura, a cociña do entroido conserva, por fortuna, todo o seuesplendor secular, de xeito que hoxe contamos cunha verdadeira cociñagalega do entroido.Miguel Vila Pernas ofrécenos, con rigor e amenidade, un libro práctico que debulla a cociña do entroido (co porco como protagonista da mesa) e mais a cociña do San Xoán (evocada polas sardiñadas e oschurrascos), pescudando na tradición e na cultura propias, senesquecer as materias primas e ofrecendo un amplo receitario paracociñar, na casa os máis diversos pratos.Para o entroido: o cocido, o lacón con grelos, a androlla, as filloase freixós, as orellas de frade, as rosquillas, o tripón doce, obandullo, etc. E para o San Xoán: as sardiñas, cos seus diversosxeitos de preparalas (asadas, en escabeche, recheas, guisadas,rebzadas, cocidas con patacas, salgadas, en tortilla) e as receitaspara a grella (churrascos, costelas, chourizos, polbo á grella, luras, paspallases, espetadas, cordeiro en brochetas, etc.).