Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dousnenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casadeshabitada.Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro dePromoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. AbrellesAna, invítaos a pasar e explícalles que o seu traballo é procurar quese fagan realidade os desexos da xente. Os da panda cren que a mullerestá burlándose deles. De repente Ana comeza a elevarse e quedaflotando no aire, á altura do teito. Así, os cinco acaban crendo nospoderes daquela muller.De alí a uns días, Ana dilles que lles vai cumprir tres desexos. Eles, despois de pensalos, pídenlle que na cidade volva haber árbores, queregresen os paxaros e que nunca máis sexan negras nin grises aspalabras da xente.Coa intervención de Ana, a panda consegue que volvan medra-las árbores mesmo por riba do asfalto, que os paxaros veñan á cidade atraídospola grande cantidade de árbores que hai nela e o terceiro desexo xase cumpre sen a intervención de Ana, porque a xente comeza a estaralegre e feliz naquelas rúas cheas de árbores e paxaros.