Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) dogalego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é ocapítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada nomarco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada nacapital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas doexilio interior (con Ramón Piñeiro como ideólogo e estratega) e os doexilio exterior (co compromiso e entusiasmo, en Buenos Aires, deRodolfo Prada), a raíz da presentación dunha Denuncia en tres idiomas(galego, francés, inglés), na que poñían en coñecemento dasdelegacións de case cen países qué actividades culturais en linguagalega eran prohibidas daquela, recibida con desconcerto abraiado porManuel Fraga Iribarne, daquela secretario da delgación española.O presente volume ofrece en facsímile a Denuncia trilingüe (unhaalfaia da bibliografía galega) e outros textos, ademais de reproducirpáxinas sobre a cuestión hoxe moi pouco coñecidas, un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividadepolítica e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo demiseria -hai cincuenta anos- que urxía examinar e valorar.