A árbore xenerosa é un clásico de 1964 para lectoresde todas as idades que presenta -en clave crítica- reflexiónse lecturas diversas: unha amizade incondicional e desinteresadaque non é correspondida en igual medida, a relaciónco noso planeta, constantemente agredido, a contraposiciónentre as necesidades materiais e o intanxible, para acadara felicidade, e mesmo unha parábola da familia...O texto é unha sucesión dinámica de accións arredorda figura central da árbore que, ao longo do tempo,interactúa cunha persoa. Toda unha vida transcorrenesta historia tenra e conmovedora, cun pouso de tristura:dende a nenez, cando os dous xogaban, ata a idade adultae a etapa anciá, diferenciadas polo contraste entre "querer"e "necesitar" como actitudes vitais. Sen pedir nin agardarnada a cambio, a xenerosidade e o amor sen límites son o sinalde identidade dunha árbore que é feliz facendo feliz o Neno.
A árbore xenerosa é un clásico de 1964 para lectores
de todas as idades que presenta -en clave crítica- reflexións
e lecturas diversas: unha amizade incondicional e desinteresada
que non é correspondida en igual medida, a relación
co noso planeta, constantemente agredido, a contraposición
entre as necesidades materiais e o intanxible, para acadar
a felicidade, e mesmo unha parábola da familia...
O texto é unha sucesión dinámica de accións arredor
da figura central da árbore que, ao longo do tempo,
interactúa cunha persoa. Toda unha vida transcorre
nesta historia tenra e conmovedora, cun pouso de tristura:
dende a nenez, cando os dous xogaban, ata a idade adulta
e a etapa anciá, diferenciadas polo contraste entre "querer"
e "necesitar" como actitudes vitais. Sen pedir nin agardar
nada a cambio, a xenerosidade e o amor sen límites son o sinal
de identidade dunha árbore que é feliz facendo feliz o Neno.