BERMUDEZ, ROSALIA / CABALEIRO, NANDA
Se es amigo das herbas, dos debuxos, se che gusta o estilo de vidasaudable, coidarte de maneira natural, se estás preocupado polo medionatural e pola redución dos plásticos, se che encanta o DIY, e vivestanto nunha contorna ruralcomo nunha urbana? este libro é para ti. Desfrutarás das historias que xiran ao redor destas 7 herbas máxicas, 7 panaceas do mundo vexetal:a melisa, a herbaluísa, o romeu, o sabugueiro, o ourego, a salvia e o áloe vera.Poderaste achegar ás súas propiedades e usos máis estendidos. E sobretodo, á súa aplicación práctica moi fácil. Poderás descubrir por timesmo todo o potencial que as plantas gardan para ti. Este é un libroapetecible, agradable de ver e de ler e, asemade, moi útil. Ademais de numerosos trucos herbais, levarás cinco preparados moi doados. Setiñas dúbidas sobre como iniciarte no uso das plantas que te rodeanpara o teu coidado, acabas de coller o libro perfecto para empezar.Entraranche as ganas de ir creando o teu propio balcón ou xardín deherbas para o teu benestar e de realizar os teus propios remediosnaturais ideais para o estilo de vida de hoxe en día.É unha obra que nace da conxunción do amor pola ilustración, pola arte de Nanda, e do amor polas plantas medicinais de Rosalía. Agardamosque sexa do teu proveito.