Tense dito infinidade de veces que en Galicia non existe a memoriarepublicana. Que non queda xente de esquerdas que vivise nos te,mposde Atila en Caliza debuxados coa man sempre fiel á verdade deCastelao. E certo que os fascistas, os falanxistas, os asasinos,despois da guerra civil que aquí non houbo, fixeron todo o posibleporque ninguén que fose defensor da República chegase a vello. Peroaínda así, gracias a que soportaron vivir sepultados durante décadas,gracias ó exilio e ó silencio, houbo aínda moitos republicanos quesobreviviron á barbarie fascista. Os que dende logo acordan aquelestempos, se non morreron na cama, son os propios falanxistas, oscolaboradores do réxime, os que viviron á súa sombra e foron en moitos casos responsables directos ou indirectos dos centos de crimescometidos, e polos que nunca pagarán perante a xustiza.Estes son osprotagonistas do libro 1936, os primeiros días. O equipo deinvestigación HISTORGA (Historia Oral de Galicia) vén promovendo arecollida de testemuños orais, como fonte principal da reconstrucciónde acontecementos históricos e aínda decisivos socialmente naactualidade.Dirixidos polo historiador Marc Wouters, María José Vázquez, Silvia Gómez, Xurxo Pantaleón, José Antonio Pérez, JulioPrada, Xosé Manuel Núñez e Antonio Giráldez procuraron esas voces, esa memoria, esa verdade sobre os días inmediatos á sublevación militarfascista de 1936 e fixérono en Vigo, Betanzos, A Guarda, Ribeira, APobra do Caramiñal, Seixalbo e Ourense, dando así unha visión deconxunto sobre os dramáticos acontecementos que frustraron o avancedas forzas progresistas en Galicia.