Un volume singular e ata o de agora inédito da obra de María VictoriaMoreno publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Consorciode Santiago.
Este novo libro ten como protagonista a faceta filolóxica, lectora einvestigadora de María Victoria Moreno, e está presidido por ?«Danzada lúa en Santiago». Suxerencias para unha aproximación a FedericoGarcía Lorca, poeta galego?, un estudo publicado orixinalmente no ano1985 na revista madrileña de estudos galegos Madrygal. O volume inclúe tamén os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, un anexo concomentarios de María Victoria Moreno á ?Cantiga do neno da tenda? e un minucioso estudo introdutorio da man do académico e profesor XesúsAlonso Montero, que se sitúa xa como unha referencia no estudo daescrita de María Victoria Moreno.